top of page

As terras do Ribeiro están de noraboa. Súmase unha marca máis á Denominación de Orixe. O viño Ramón do Casar é fillo e herdeiro dos tempos da emigración. En 1955, don Ramón marchou a Venezuela como tantos outros galegos, fuxindo da precaria situación que vivía Galicia. Pouco a pouco iría mercando as terras co aforrado, onde hoxe están os viñedos. Terras que comezaron a traballar seus fillos no ano 2000, e que despois de trece anos comezaron a producir un viño branco elaborado a partir de uva autóctona que hoxe é un dos mellores valorados dos do Ribeiro.

 

A pesar de levar tan só dezaoito meses no mercado, teñen tres colleitas ás costas

 

Situada nun dos vales de Castrelo de Miño, a bodega de estética que recorda ó cubismo, é o lugar de transformación de distintos tipos de uvas en dous caldos que levan comercializándose dende o ano 2014, o plurivarietal Ramón do Casar Blanco, mestura de treixadura, godello e albariño; e o monovarietal Ramón do Casar Treixadura, que está esgotado temporalmente. No ano 2000 a empresa comezou o cultivo de seis hectáreas de uva autóctona. Durante trece anos foron agricultores, ata que en 2013 executaron bodega, para, posteriormente, comercialízalo un ano despois. A pesar de levar tan só dezaoito meses no mercado, teñen tres colleitas ás costas. Na actualidade, a que se está a comercializar é a de 2014, pois a primeira segue nun proceso de conservación, para transformarse nun viño singular capaz de satisfacer as papilas gustativas dos enólogos máis esixentes.

 

 

 

O fillo de Ramón é enxeñeiro industrial, pero dende hai quince anos decidiu apostar pola terra de seu pai e comezar a poñer os cementos do que hoxe é a empresa. Trátase dun proxecto ideado para albergar un máximo de 200.000 litros. Para facelo posible, a adega conta cun pequeno equipo humano: un enólogo, dúas persoas encargadas da conservación da viña, un administrativo e o fillo de don Ramón, encargado da adega. Ramón do Casar atópase nun proceso de expansión, mercando ou alugando novos terreos para ampliar a súa produción, cuxo crecemento anual espérase que sexa do 15%, mantendo un equilibrio entre vendas e produción.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dous caldos contan xa con distinción no mundo da enoloxía

 

Grazas a viños naturais, de uva autóctona e produción propia, o Ribeiro afianza a súa Denominación de Orixe.  En Ramón do Casar apostan polo viño novo, aromático, con moita personalidade e conservación. Coidar moito a uva e ampliar as parcelas, todo con moito agarimo e arraigo, é a ecuación que produce un viño tan singular. Por outra banda, a liña de marketing da empresa é claramente a emigración. Os dous viños están etiquetados con réplicas de fotografías de Alberto Martí, un dos fotógrafos máis significativos que retratou a emigración galega dos anos 50, convertidas en postais. A etiqueta de Ramón do Casar Branco é unha réplica da postal que enviou don Ramón á súa muller, recén chegado a Venezuela. A resposta dela gárdaa o etiquetado do Treixadura. Do mesmo xeito, as caixas e os embalaxes imitan ós tradicionais de madeira.

 

A pesar de acabar de nacer, ámbolos dous caldos contan xa con distinción e renome no mundo da enoloxía. Así, o Treixadura recibiu o Acio de Prata da Denominación de Orixe do Ribeiro, no 2014e este ano foi galardoado como mellor viño branco de bodega. O Ramón do Casar branco foi gañador da medalla de prata no  Challenge Internacional du Vin, na cidade de Bourg.

 

O segredo desta valoración a nivel nacional e internacional procede do coidado, do agarimo e do gusto por facer bo produto con uva autóctona. A historia que se agocha detrás deste proxecto, a emigración e a valentía de comezar de cero é trasladada ó caldo de Ramón do Casar, conferíndolle un alto valor engadido a un dos viños máis singulares do Ribeiro.

Ramón do Casar

© 2015. ARTESANOVA. 

bottom of page