top of page

A casa das abellas  é un conxunto rural e paisaxístico, que se atopa na parroquia de Meangos en Abegondo  e que foi remodelado fai concretamente dez anos. Nace no ano 1995 coa intención de construir un centro de divulgación  sobre o mundo das abellas. Pero este espazo  non soamente se centra nesto, senón que va máis alá, pois vincula a actividade apícola co ámbito  da saúde e do medio ambiente; pretende intengrar o trinomio abellas-saúde-medioambiente nun único concepto.

 

As abellas actúan na conformación da nosa paisaxe

 

Tal e como nos comenta un dos encargados do centro,  a apicultura é unha actividade multifuncional. As abellas levan o polen de flor en flor e deste modo próducese a fecundación nas flores, aparecendo os froitos e as sementes a partir das que se orixinan as plantas que poden ir directamente á cesta dos alimentos que nós consumimos ou  servir de alimento para o gando, axudando a producción gandeira. Ademais co transporte do polen as  abellas actúan, de forma fundamental, na biodiversidade e na conformación da nosa paisaxe. Polo tanto, a polinización podemos concluir que ten dúas liñas fundamentais:  a biodiversidade e a contribución a cadea alimentaria. Logo a maiores, e grazas a domesticación das abellas como insectos produtivos, pódense extraer unha serie de produtos delas como o mel, a xalea real , o polen os propolios; pero tamén produtos máis elaborados como poden ser o pan de mel , xabóns,  o hidromel… todos eles saludables e beneficiosos para a saúde dos seres humanos.

IMG_0524

IMG_0524

Describe tu imagen

Describe tu imagen

Describe tu imagen

Describe tu imagen

Describe tu imagen

A exposición “Apiarte” presenta utensilios que se poden facer coa cera das abellas

 

Outra das actividades que se están impulsando nos últimos anos neste complexo e o apiturismo (turismo relacionado co mundo apícola) con diferentes dinámicas como exposicións, obradoiros  para os máis xóvenes, visitas ás diferentes colmenas, a participación no método de extracción de mel… Neste momento preciso,  na Casa das Abellas hai unha exposición  temporal chamada “Apiarte”, dónde se poden ver diferentes utensilios que se poden facer coa cera das abellas, cadros e pinturas relacionados co mundo  apícola e das colmenas tradicionais e diferentes tipos de meleiros feitos principalmente con cerámica de Gundivós.

 

A pesar de non centrar o seu traballo na produción e comercialización,  A casa das abellas atópase integrada nunha cooperativa apícola, chamada Erica Mel, a cal produce e vende os seus produtos baixo a etiqueta, “Mel das miñas colmenas”. Os socios desta cooperativa venden directamente nas tendas e feiras tradicionais do seu entorno, pero tamén destinan parte da súa produción a pequenas superficies comerciais.

 

Con todo, este lugar conxuga á perfección a divulgación do mundo apícola  cunha auténtica produción de diferentes tipos de mel e outros productos extraídos da apicultura como o polen (suplemento natural de proteínas) ou os propolios. Un espazo diferente e cheo de dinámicas, actividades e proxectos que nos achegan un pouco máis ao maravilloso mundo das abellas.

 

Casa das Abellas

© 2015. ARTESANOVA. 

bottom of page